O porto deportivo de Combarro, no concello pontevedrés de Poio, vén de ser galardoado co premio Jack Nichol á Excelencia no Deseño de Mariñas, que anualmente outorga o PIANC - Asociación Internacional para as Infraestruturas do Transporte Marítimo. Este premio foi creado en 2002 co obxectivo de recoñecer a singularidade na configuración das modernas instalacións náuticas de recreo en todo o mundo.
Nesta edición, o porto deportivo de Combarro foi considerado o de maior excelencia mundial, recoñecendo así o seu valor como última etapa da rehabilitación da fachada marítima dunha localidade histórica. Esta mariña resultou premiada por consituír un exemplo de integración urbana e ambiental e ser a demostración de como un porto deportivo de tamaño medio pode reestruturar un territorio e toda unha paisaxe de cara ao navegante e a calquera visitante en xeral. O galardón entregarase oficialmente o próximo mes de maio en Valencia.