As instalacións da adega Lagar de Pintos (Ribadumia) acollerán este venres a Xuntanza anual dos consellos reguladores de Galicia, acto no que exercerán de anfitrións o presidente de Rías Baixas, Xosé Ramón Meiriño, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Celebrarase unha rolda de prensa e un posterior xantar que será oficiado polo cociñeiro pontevedrés Pepe Solla (foto). O chef elaborará un menú especial cos produtos aportados polos diferentes consellos reguladores galegos. Ao acto está previsto que acuda a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana.