As dúas beiras da ría de Arousa están a traballar conxuntamente para promocionar a ruta que lembra a traslatio dos restos do Apóstolo ata Padrón. Nesa tarefa contan coa colaboración da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla que vén de editar a ‘Guía de Cruceiros Xacobeos no Camiño do Mar de Arousa e Ulla’. A publicación presentouse en Meaño (foto) coa presenza da secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, quen loubou o carácter diferencial do produto, non en van esta é a única ruta xacobea fluvial do mundo.
A Guía, da que se editaron 9.200 exemplares, recompila localizacións, información detallada, mapas e rutas, así como acontecementos históricos e fai un repaso polos cruceiros que conforman o único vía crucis marítimo-fluvial do mundo.
A este respecto, a Mancomunidade do Salnés tentará impulsar o establecemento de rutas pola ría que sigan o percorrido que fixeron os restos do Apóstolo pero tamén que unan as dúas beiras da ría “para que un turista que está aloxado en Sanxenxo, por exemplo, poida ir a Ribeira en barco parando nunha batea”, sinalou o presidente de turno, Gonzalo Durán.