A Consellería do Medio Rural e do Mar vén de ceder unha embarcación ao Concello de Cabanas para a realización de actividades de divulgación e de turismo no curso baixo do río Eume. O “Anduriño”, de tipo planeadora e de sete metros de eslora, pasou as pertinentes probas de navegación e xa está listo para comezar a traballar.
A embarcación ten capacidade para oito persoas máis o patrón e foi deseñada seguindo as formas tradicionais da gamela de Cabo de Cruz.
A embarcación ten capacidade para oito persoas máis o patrón e foi deseñada seguindo as formas tradicionais da gamela de Cabo de Cruz.