Semana Gastronómica do Ovo no Araguaney

Este xoves celébrase no Restaurante Caney a presentación da Semana Gastronómica do Ovo, que desenvolverá o Araguaney do 12 ao 17 de marzo. O equipo de cociña do Caney, con Pedro Lestón ao mando, amosará algúns dos pratos a base de ovos que conformarán a carta da semana gastronómica, unha iniciativa coa que este establecemento pretende facer unha homenaxe a un dos alimentos básicos da nosa dieta, demostrando que se poden facer moitas máis cousas que fritilo ou cocelo.

A carta para eses días inclúe propostas como unha Bóla de pataca con ovo de paspallás, unha Hamburguersa de boi á grella coroada por un revolto de ovos de oca con boletus ou uns Ovos de pascua de fino chocolate recheos de mousse de limón, mandarina e vainilla.