
De feito, este evento está sendo xa un éxito. Boa mostra disto son as máis de 100 inscricións rexistradas a catro días do inicio do Surf-Camp. Os interesados poderán anotarse nas últimas prazas dirixidas a todos os membros da familia. Polo momento, o máis novo ten 8 anos e o surfer maior chega ós 57, tendo algún deles experiencia previa e outros para os que esta ocasión será o seu bautizo acuático. Non só dende todas as provincias galegas, senón que outros moitos achegaranse a Lugo procedentes de diferentes puntos da xeografía española: Madrid, León, Bilbao, Asturias son algún deles. Todo o necesario para botarse ó auga pódese conseguir facendo reserva previa en www.facebook.com/km0surfcampdeputacionlugo ou no 982 120 064.