Taxa turística en Galicia, empezar a casa polo tellado. Por: Manuel Pan

Adiantándome a un debate que ao parecer vai a sair á luz estes días, quixera deixarvos a miña opinión sobre o que considero unha proposta fora de lugar na nosa terra.

Estamos en crise, pero hai que reflexionar!!! En Galicia de todos os concellos aínda non fusionados hai 40 declarados como Concellos Turísticos e moitos máis que tamén aumentan moito a poboación no verán. Chegado a este punto é lóxico pensar que as administracións pensen na posibilidade de apostar pola subida de tasas sobre a ocupación de prazas hoteleiras, pero eu quixera levar o debate por outro lado que é o da madurez do noso sector turístico.

Galicia non é Cataluña nin falta que fai, tal e como se pode observar nos datos do INE que figuran na imaxe que adxunto, a nosa comunidade non é precisamente das que mais sector turístico ten, o cal implica que tampouco ten a súa capacidade presión ou de decisión, en Cataluña o goberno toma as decisións co beneplácito dun sector forte e cohexionado ao redor dunhas contas de resultados baseadas nas súas própias capacidades e non dependentes en exclusiva das accións da administración.

Texto íntegro en: