Ternera Gallega, un ano máis en Alimentaria

A I.X.P. Ternera Gallega particpa no salón Alimentaria, que se está acelebrar dende hoxe en Barcelona, dentro da caseta instutucional da Xunta de Galicia situada no sector Intercarn. Concurre a cita acompañada de tres das principais industrias cárnicas galegas como son Carcosa, Artesano Galegos da Carne e Novafrigsa. Dentro das actividades programadas pola IXP destaca a reunión con profesionais da carne que terá lugar hoxe luns, as 18:30 horas. Nesta xuntanza participarán carniceiros tradicionais de Barcelona, cos que se ten suscrito un convenio de colaboración.


Ademais dentro do recinto feiral, un dos restaurantes galegos máis recoñecidos de Barcelo, o Rías de Galicia, ofrecerá en exclusividade dentro sa súa carta, carne amparada pola IXP Ternera Gallega, a fin de que os profesionais e visitantes das empresas inscritas na feira poidan degustala. O restaurante ambientado coa imaxe de Ternera Gallega, ten dos locias situados nos pavillóns 2 e 7 do recinto feiral de Gran Vía.