A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, apoiará economicamente a celebración da Festa da Reconquista de Vigo co financiamento das actuacións musicais. A axuda ascenderá a 3.000 euros. Esta medida vense a sumar ao informe favorable que hai unha semana deu a Comisión de Valoración das Festas de Galicia de Interese Turístico á candidatura da Festa da Reconquista de Vigo para a súa declaración coma Festa de Interese Turístico Galego.
A partir de agora, e unha vez finalizado o periodo de alegacións establecido, a Secretaría Xeral para o Turismo proporá á resolución para a súa declaración ao Consello da Xunta, quen será o encargado de aprobar a dita resolución e declarar a festa de Interese Turístico Galego.