A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, visitou o concello de O Grove para presentar o proxecto para o acondicionamento do camiño de unión entre os edificios que compoñen o Centro de Interpretación da Pesca e a Salga (CIPES) e mais o Museo da Salga de Punta Moreiras. A senda peonil unificará o espazo museístico exterior conectando os edificios entre si. O obxectivo é conseguir que a senda sexa máis transitable e para isto parte do camiño farase a base de macadam compactado e a outra parte será unha pasarela de madeira naqueles tramos nos que haxa cambios de nivel.
Con esta senda contribuirase á posta en valor dunha das contornas naturais máis destacadas da península do Grove.
Neste complexo museístico pode visitarse unha nave que foi construída en 1907 e tivo plena actividade ata 1960. Ao longo da súa historia dedicouse á conserva e salga de peixe, pero tamén á cocción de bivalvos. Nos metros de superficie didáctica e expositiva do CIPES abórdase todo o vencellado coa pesca, o marisqueo, a cordelería, a carpinteiría de ribeira, o sector da conserva, a fabricación de redes e a elaboración dos tradicionais colares da Toxa.