A Concellería de Traballo e Benestar explorará novas vías e campos formativos para tratar de mellorar as condicións de empregabilidade das persoas paradas do municipio e facilitar a súa reinserción no mercado laboral. Este foi o principal obxectivo da reunión que a concelleira, Elena Suárez, mantivo coa xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar, Carmen Bianchi, e na que, entre outros aspectos, se decidiu apostar pola realización de cursos de formación relacionados co turismo marítimo e pesqueiro, un eido no que Vilagarcía e a súa bisbarra teñen un enorme potencial que apenas está explotado, polo que presenta grandes oportunidades para a creación de emprego.