A internacionalidade do Concurso Exposición da Camelia verase reforzada na edición que esta fin de semana se celebra en Vilagarcía de Arousa coa asistencia dun grupo de operadores turísticos ingleses e outro de xornalistas especializados de Francia. Ámbalas dúas delegacións visitarán a mostra que se desenvolverá o sábado e o domingo na Praza da Peixería.
Coñecedores das enormes posibilidades que ofrece o campo da camelia, dende Galicia xa se leva anos promocionando eventos tan emblemáticos e con tanta tradición como o Concurso Exposición Internacional que este ano acolle Vilagarcía na que será a súa 48 edición. De feito, as delegacións inglesa e francesa que acudirán á mostra esta fin de semana interesáronse polo evento a raíz da promoción realizada por Turgalicia en diferentes eventos internacionais. O alcalde, Tomás Fole, aproveitará a ocasión para manter un breve encontro con ámbalas dúas delegacións.