Xa está en marcha a XXVI edición do Salón de Gourmets, no que están presentes ata 24 empresas do mar e do agro galegos, co apoio da Xunta de Galicia. De feito, está previsto que durante a xornada de hoxe luns visiten a feira o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, e o de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto.
A Consellería do Medio Rural e do Mar busca con esta participación promocionar os produtos galegos do mar e da terra no ámbito das delicatessen no mercado español e europeo. Faino a través dun stand institucional de 288 metros cadrados no que se celebrarán diferentes degustacións e actividades de promoción. Hoxe mesmo, o stand da Consellería acollerá unha actividade de elaboración de cocktails de augardentes e licores tradicionais de Galicia. Mañá promocionarase a vieira de Galicia acompañada de viño da Denominación de Orixe Rías Baixas; o mércores, o stand acollerá a promoción da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia acompañada con viños da D.O. Valdeorras e o venres promocionarase a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia cunha cata deste molusco acompañado de viños da D.O. Ribeiro.