Vinteoito nomeados aos premios HG&T-AGAXET

Un total de 28 empresas, iniciativas ou proxectos empresariais e institucións recibirán o correspondente diploma como noemadas aos premios HG&T (Hostelería Galega & Turismo)-AGAXET (Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo) que se entregarán no decorrer da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, que se celebrará o día 20 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra. A este encontro intersectorial está prevista a asistencia dunhas seiscentas representacións da industria turística e as súas concomitancias.

As 28 nomeacións en nove apartados distintos son en si mesmas os premnios que otorga a revista Hg&T ás empresas, proxectos ou institucións que se destacaron ao longo de 2011. Ademais, un dos nemeados en cada apartado recibirán a Medalla Dagada, que é o premio especial da crítica.

Neste décimo cuarta edición da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia entregaránse distincios a empresas, proxectos empresariais e institución no ámeto de Acccións de promoción e márketing, I+D e Formación, Recuperación e conservación do patrimonio, Imaxe intersectorial e divulgación, Proxectos empresariais, Iniciativas profesionais, Equipamentos e suministros, Botellas do ano e Bocados do ano.

A Gala do Turismo e Gastronomía de Galicia, considerada como o acto intersectorial deste ámeto máis importante de Galicia, rematará cun cóctel que se servirá no incomparable marco do salón noble do Liceo Casino de Pontevedra, situado na parte posterior do Teatro Principal, dentro do casco histórico da Cidade do Lérez, que pasa por ser un dos máis importantes de Galicia.