A XLIX Feira do Viño do Ribeiro xa ten cartel

O cartel da XLIX Edición da Feira do Viño do Ribeiro, obra do pintor ourensán José Manuel Vidal Souto, foi presentado hoxe en Riobadavia. A obra é unha representación mitolóxica que o autor describiu como unha recreación do corpo dunha Muller representando a Terra do Ribeiro. Segundo comentou o pintor José Manuel Vidal Souto “o cartel elaborouse coas tonalidades do ouro branco e con destellos dourados do amencer” para evocar o viño branco do Ribeiro.

O pintor resaltou a importancia non só gastronómica, senón tamén espiritual que ten o viño e a alta calidade do que se produce na zona do Ribeiro, do que incluso resaltou a súa compoñenda “mitolóxica”.

O alcalde, Marcos Blanco, presentou, pola súa banda as novidades definitivas no ámbito gastronómico que este ano se levarán a cabo na Feira coa inclusión dun ambicioso programa de obradoiros de cociña ou “showcookings” que correrán a cargo dalgúns dos mellores cociñeiros da nosa xeografía como Daniel Guzmán ou Flavio Morganti.