O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, avanzou que a Xunta está a definir medidas que minimicen o impacto do período de seca no sector agrogandeiro. Destacou que a Consellería de Medio Rural e do Mar, xunto co seu departamento, están a definir unha serie de actuacións que axuden a paliar os problemas que a escaseza de choivas está a producir no campo.
O mes de febreiro rexistrou unha media de 12 litros/m2, cando o normal é que un mes como o pasado se rexistren 150 l/m2. Nese sentido, o conselleiro lembrou que esta situación tamén estivo precedida por un xaneiro tamén moi seco e por unha primavera (a de 2011) que foi a máis seca dos últimos 50 anos.
O conselleiro sinalou que na actualidade os grandes sistemas de abastecemento non presentan ningún problema, pero o seu departamento está a tomar medidas de cara a primavera e o verán, períodos caracterizados pola escaseza de choivas, para manter o nivel dos encoros e evitar posibles problemas de abastecemento durante ese período. O aforro e un consumo responsable serán claves, insistiu.