Alma Atlántica, de Martín Códax, co cine galego


A gama de viños brancos Alma Atlántica, de Martín Códax, colabora na novena edición de Cortocircuíto, o festival de curtas de Santiago de Compostela que se celebra do 2 ao 11 de maio. Ao longo de 10 días proxectaranse até 100 curtametraxes divididas en cinco categorías de concurso: Internacional, Explora-Aqualogy, Compostelae, Panorama Galicia e Escolas Galegas.

Os viños desta liña estarán presentes no cóctel posterior á inauguración do certame. Pero ademais, serán protagonistas de degustacións comentadas no Abastos EGC, o local establecido como punto de encontro para afeccionados, artistas e público. Alma Atlántica quere así expresar o seu apoio ao sector audiovisual galego.