Carmen Pita apunta que o futuro do turismo rural pasa por unha oferta que integre diferentes actividades
A xerente de Turgalicia indicou esta fin de
semana no congreso Periodipesca que o futuro do turismo rural en Galicia pasa
porque “a oferta sexa integral, englobando diferentes actividades como o
aloxamento, a restauración, os servizos de información ou as actividades de
lecer nun mesmo destino”. Carmen Pita avanzou tamén que a Administración
Turística está a traballar nun novo decreto que regularice os establecementos
de turismo rural, acorde coa vixente Lei do Turismo de Galicia.
No tocante ao perfil do usuario do turismo
rural, Pita recalcou que o cliente adoita ter entre 29 e 40 anos, procede do
Estado español, ten nivel sociocultural medio-alto e acada nos meses de verán
unha estadía media de 3-4 días. Trátase dun cliente fiel que adoita repetir
experiencia e está atraído fundamentalmente pola gastronomía e a tranquilidade.