A Asociación Ecolóxico-Cultural Sos Courel vén de chamar a atención sobre unha posible paralización dun proxecto turístico na comarca. Segundo sinala o colectivo, trataríase do complexo Aldea Turística do Mazo (foto), iniciativa no que se investiron 1,5 millóns de euros e que foi subvencionada, en parte, pola Xunta de Galicia.
A asociación sinala que “o Concello do Courel utiliza a artimaña de non habilitar o único camiño público, de menos dun kilómetro, que separa a aldea do Mazo da aldea veciña de Meiraos, que legalmente só pode reparar o Concello, ou no seu lugar, a Deputación”. A promotora do complexo solicitou o arranxo do camiño xa en 2010 pero, segundo di Sos Courel, non se realizou ata o momento ningunha obra. “Un caso máis no Courel –laméntase o colectivo- de obra rematada á que lle impiden abrir e funcionar”.
A aldea, con tres casas, conta cun total de 54 prazas de aloxamento e leva máis de medio ano sen poder abrir as súas portas, segundo di Sos Courel.