O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe, á Eurocidade Chaves-Verín como a demostración inequívoca de que existe un modelo baseado na cooperación, que axuda a resolver eivas e abrir novas oportunidades, e propuxo aplicar esta fórmula a calquera ámbito de xestión para saír da crise. “Nestes tempos de crise, -dixo- teñen que rexurdir institucións que saben diferenciar o substancial do secundario; e comportamentos que nin se inhiben diante das dificultades nin descargan a súa frustración no veciño, senón que se alían con el. A cooperación segue a ser a forza motriz, e non a forza paralizante para remover todos os atrancos do presente”.
Feijóo, que esta mañá inaugurou a nova sede desta eurocidade, subliñou que, máis ca nunca, é unha necesidade xestionar de forma equilibrada os fondos públicos, evitar duplicidades e lograr eficiencias que nos permitan facer máis investimentos conxuntos. “E máis ca nunca, temos a vontade de que así sexa”, afirmou ao que engadiu que esta instalación é a expresión de que, pese ás dificultades, “queremos que a cooperación transfronteiriza teña máis dimensión, sexa máis visible e logre ser aínda máis útil”.