A Feira Franca 2012 adicarase aos xogos populares


O Concello de Pontevedra acordou, na última reunión do Consello Aberto da Feira Franca, adicar a edición deste ano da festa aos xogos populares. A edición de 2012 terá lugar os días 1 e 2 de setembro e adicará un apartado especial “aos variados, entretidos e divertidos xogos populares da terra”. Tamén fará unha homenaxe ao pontevedrés José Casal, do que se cumpren 100 anos do seu pasamento. Precisamente, Casal fixo, a principios do século XX, un traballo de investigación sobre os xogos populares en Pontevedra.

Tamén se acordou durante a reunión manter “o nivel de calidade da festa” polo que existiu o compromiso de facer un traballo “exhaustivo” para seguir mantendo os estándares de calidade co fin de que non decaia ese nivel. (Foto: arquivo)