A campaña “Vivamos como galegos” de Supermercados Gadis recibiu un novo premio de gran prestixio convocado por unha asociación nacional relacionada coa publicidade no seu quinto aniversario. Nesta ocasión, a Asociación de Medios Publicitarios de España distinguiu a gráfica cun Premio Ampe de Prata na categoría de diarios. A gala de entrega de premios, que conmemorou a súa 43ª edición, celebrouse no Hotel Palace de Madrid.
“Vivamos como galegos” tivo máis de 2,5 millóns de visitas de 142 países de todo o mundo á súa web, conta con máis de 100.000 fans en Facebook e é, ata o momento, a campaña máis descargada de Internet na historia da publicidade española, respecto ao target de planificación.
Na rodaxe de 1000 anos máis vivindo como galegos participaron 950 cidadáns de Galicia seleccionados entre miles de solicitudes nun concurso convocado nas redes sociais que xerou unha grande expectación e confirmou o éxito de notoriedade da campaña.