O Concello de Ribadavia e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro faranlle unha homenaxe a tódalas persoas que leven por apelido Ribeiro ou Riveiro, nun acto que terá lugar durante a 49ª edición da Feira do Viño, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de maio de 2012, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense). Os “Ribeiro/Riverio” recibirán un diploma acreditativo de embaixador da comarca e agasallos conmemorativos por ser “Ribeiro Distinguido”.
As condicións para participar na homenaxe “RIBEIRO ERES TI” son: Posuír o apelido Ribeiro ou Riveiro, estar disposto a coñecer o Ribeiro e a xuntarse na Feira do Viño para dita actividade, declararse amante do viño e do Ribeiro e confirmar a participación mediante inscrición.
Entre os obxectivos desta iniciativa están o de identificar os apelidos Ribeiro/Riveiro coa comarca vitivinícola do mesmo nome, fomentar a popularización e difusión do viño polo nome e apelidos das persoas que o portan, crear embaixadores da comarca do Ribeiro que a identifiquen polo seu apelido, provocando un sentimento de pertenza e ligar o viño do Ribeiro ás persoas, as orixes e a tradición.
As persoas que cumpran os requisitos poderán formalizar a súa inscrición na Oficina de Turismo de Ribadavia, a través do teléfono 988471275 ou do correo electrónico turismo@ribadavia.es e tamén a través das redes sociais (Facebook e Twitter) da Feira do Viño do Ribeiro.