A Secretaría Xeral para o Turismo asinou
coas tres universidades galegas os convenios para o desenvolvemento dos Masters
de Turismo. O departamento que dirixe Carmen Pardo aportará 20.000 euros por
cada mestrado de especialización en materia turística.
Deste xeito, na Universidade da Coruña
impartirase o Master Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e
Novos Produtos Turísticos; na Universidade de Vigo impartirase o Master
Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
mentres que na Universidade de Santiago de Compostela impartirase o Máster
Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas.
Os diferentes Masters –segundo sinala a
Xunta- “tratan de dar resposta á demanda dos actuais titulados universitarios e
ás súas expectativas de formación nunha área de actividade punteira no
desenvolvemento de Galicia, así como de presentar unha oferta versátil que se
adapte ao perfil do alumno actual e futuro”.