Lavacolla terá este verán o meirande número de conexións internacionais da súa historia


O aeroporto de Santiago contará este verán co maior número de conexións internacionais da súa historia. Segundo informa o Concello, as conexións directas dispoñibles serán: Londres, Frankfurt e Milán (Ryanair); París e Zurich (Vueling); Xenebra (Easyjet); Dublín (Aer Lingus); Venecia (Volotea) e Caracas (Air Europa).

Ademais, haberá dúas novas conexións con voos charter en periodo estival: Funchal-Madeira con Sata e Luibliana-Eslovenia con Adria Airways. A estas conexións súmanse as que existirán coas principais cidades de Alemaña e Centroeuropa a través do hub de Palma de Mallorca con Air Berlin.

O Concello de Santiago lembra que “ningunha destas conexións recibe subvención municipal”.