Louzán reclama máis seguridade nos concellos turísticos de cara ao verán

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán (foto), salientou hoxe a necesidade de que os concellos turísticos conten cun “plus de colaboración” doutras administracións co obxecto de reforzar os servizos e a seguridade durante os meses de verán. Fíxoo no transcurso dunha reunión que mantivo co Xeneral Xefe da Garda Civil en Galicia, Faustino Álvarez Sola, que acudiu á Deputación en visita institucional.

Louzán lembrou que algúns concellos da provincia poden chegar a multiplicar por cinco ou incluso por seis a súa poboación nos meses estivais polo que requiren dun esforzo especial por parte dos corpos e forzas de seguridade do Estado. O obxectivo é que tanto veciños como visitantes conten coa cobertura necesaria en materia de seguridade.