O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo (foto), presentaron hoxe en Santiago o XVII Congreso Internacional organizado pola Asociación Española de Expertos Científicos en Turismo (AECIT) que se celebrará o vindeiro mes de novembro en O Carballiño. O encontro, que reunirá a preto de 500 expertos do 21 ao 23 de novembro, terá como eixo central a innovación e o novo turismo experiencial, sendo un marco para o debate para profesionais e expertos nacionais e internacionais que buscan adaptar a oferta ás características do visitante. Esta será a segunda ocasión na que a AECIT escolle a Galicia como sede para o seu congreso.
Na presentación, levada a cabo no Hostal dos Reis Católicos, a secretaria xeral para o Turismo agradeceu a oportunidade que brinda a Galicia a AECIT por ter escollido O Carballiño como sede para o seu décimo-séptimo encontro. Carmen Pardo destacou a importancia da formación no sector turístico como unha importante ferramenta de competitividade. Nese senso, comentou que dende o seu departamento e gracias á aportación de novecentos mil euros do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo veñen de lanzar un Plan de Formación para a Excelencia Turística de Galicia por valor total dun millón de euros.
Carmen Pardo tamén quixo resaltar a súa participación no Consello Español de Turismo que se celebrou onte en Madrid e onde se abordaron asuntos relacionados con tasas, lexislación e sobre todo recursos humanos no sector turístico. Segundo resaltou a secretaria xeral para o Turismo, "o sector turístico está conformado nun 75% de recursos humanos, polo que a aposta pola formación dos mesmos é fundamental".