O CSHG organiza unha velada solidaria a favor de Cruz Vermella

O Centro Superior de Hostelería de Galicia organiza unha velada solidaria o próximo venres, 20 de abril, en colaboración co Conservatorio de Música de Santiago de Compostela e Pescanova, co fin de recadar cartos que irán destinados á Cruz Vermella. A partir das 20 horas haberá un concerto nas instalacións do centro con varios grupos de música, entre eles un coro, un cuarteto de corda, un grupo de percusión e unha big band.

Unha vez rematado, terá lugar un cocktail que será ofrecido por un grupo de alumnos do CSHG.

As persoas que queiran achegarse deberán pagar unha entrada de 20 euros que poderán adquirir na sede de Cruz Vermella de Compostela ou no CSHG o mesmo día do evento.