O Centro Superior de Hostelería de Galicia
(CSHG) formará aos 47 empregados de Servizos de Restauración do Hotel Ritz
Madrid dende hoxe ata o 27 de abril. O responsable do departamento de Servizos
do CSHG, Ángel Benavente, trasladarase a este establecemento hoteleiro situado
nas inmediacións do Museo do Prado para formar aos traballadores.
O obxectivo do curso é estandarizar os
procesos de servizos e venda e desenvolver e potenciar actitudes da atención ao
cliente. Os temas abordarán o traballo en equipo, o concepto de servizo, a mise
en place, as expectativas do cliente, o servizo de sala, a venda e a toma da
comanda.
Recentemente, o responsable de Calidade e
Formación do Hotel Ritz Madrid, David Núñez, estivo no CSHG presentando a
compañía Orient Express aos alumnos e entrevistándoos para facer prácticas nos
seus establecementos.