O Mexillón de Galicia promociónase na Seafood de Bruxelas


Dende hoxe e ata o xoves, o Consello Regulador presenta o Mexillón de Galicia ante máis de 150.000 compradores de produtos do mar que asisten á feira internacional de produtos do mar SeaFood de Bruxelas. Esta cita comercial encádrase dentro do plan de promoción planificado polo Consello Regulador para este ano 2012, xunto coa asistencia a outras feiras comerciais e outros actos de promoción.

A SeaFood de Bruxelas é a feira de produtos do mar máis importante do mundo, á que asisten profesionais vinculados ás principais firmas alimentarias de distribución, comercio, e operadores alimentarios en xeral, e entre os que tamén se atopan as cadeas de distribución que operan en España. Mexillón de Galicia conta cun amplo stand presidido pola imaxe corporativa da DOP que o identifica e diferencia. Consta dun unha área de exposición na que se presenta o produto fresco, enlatado, conxelado, pasteurizados e novos procesados de valor engadido, en diferentes e variados formatos. Ademais conta con unha zona de atención a clientes, na que se realizan as actividades comerciais.