O Grupo Popular vén de presentar unha Proposición non de lei a través da que insta á Xunta de Galicia a establecer unha política dirixida ao impulso da actividade turística e á mellora da conectividade aeroportuaria na Comunidade galega, que teña en conta a realidade e a potenciación das tres infraestruturas existentes. O voceiro de Infraestruturas, Alejandro Gómez Alonso, concreta que “pretendemos o equilibrio e o trato equitativo das tres terminais aeroportuarias, potenciándoas en función da súa vocación pero centrando preferentemente as conexións internacionais en Lavacolla e as nacionais en Alvedro e Peinador”. Así mesmo, establécese que as axudas para o impulso de novas conexións non se prolonguen máis aló de 2013.
A proposición non de lei insta á Xunta a buscar e potenciar o maior número de conexións que permitan o incremento das posibilidades de mobilidade evitando, na medida do posible, a promoción en destinos xa consolidados ou existentes desde calquera das tres terminais. “Tamén solicitamos unha mellor coordinación e cooperación entre os concellos, co obxectivo de optimizar o investimento público destinado á promoción”, concretou Gómez Alonso.