A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo colabora co Concello da Coruña e a Sala Rekalde de Bilbao na exposición antolóxica itinerante “Vari Caramés. Ritmo Mareiro. 1890-2012” que ambas institucións organizan contando tamén coa colaboración da Fundación Gonzalo Torrente Ballester. Esta mostra do fotógrafo ferrolán inaugurouse esta fin de semana na Sala Rekalde de Bilbao e alí permanecerá ata o 8 de xullo. Posteriormente, trasladarase ao MEIAC -Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo- de Badajoz, e tamén itinerará durante 2013 pola Coruña – a inauguración está prevista para febreiro no Kiosko Alfonso-, a Fundación Fotocolectania de Barcelona e o Museo de Teruel.
A colaboración da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo consiste na cesión temporal de 23 fotografías pertencentes á colección da súa propiedade “Camiño de Santiago. Luz e vida”.