Chega unha nova fornada de cursos de cociña infantil programados en diversas Feiras do Libro que se celebran durante os meses de abril, maio, xuño, xullo e agosto. Os primeiros talleres celebraranse este sábado na Feira do Libro de Ferrol (Cantón de Molins). En maio, terán lugar o sábado 5 na Feira de Santiago (Alameda) e o sábado 19 na de Lugo (Praza Maior). Os seguintes serán o domingo 3 de xuño na Feira do Libro de Ourense (Praza do Bispo Cesáreo), o sábado 7 de xullo na de Vigo (Praza Compostela) e o xoves 9 de agosto na Feira da Coruña (Xardíns de Méndez Núñez).
Todos os obradoiros, que comezarán ás 12.30 e ás 17.30 horas, teñen como obxectivo iniciar ós máis pequenos -de 7 a 11 anos de idade- dun xeito divertido e ameno no mundo da cociña. As prazas son limitadas e a inscrición ten un prezo de 10 euros, que inclúe un gorro de cociñeiro, un mandil individual e un libro da colección de ‘Cociña Infantil e Familiar’ de Ouvirmos.