A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, en colaboración coa Oficina Española de Turismo de Estocolmo, organizará para o mes de maio un press trip para xornalistas de Letonia. A viaxe de prensa incluirá unha visita a Santiago de Compostela, onde os xornalistas poderán obter información sobre os aspectos culturais relacionados coa Ruta Xacobea para posteriormente editala en diferentes soportes.
O programa contempla o percorrido por un tramo do Camiño Francés, unha visita guiada á catedral, ao casco histórico e á Cidade da Cultura e unha viaxe a Fisterra como final do Camiño.
O programa contempla o percorrido por un tramo do Camiño Francés, unha visita guiada á catedral, ao casco histórico e á Cidade da Cultura e unha viaxe a Fisterra como final do Camiño.