Seguen os actos do 50 aniversario do Venecia

Óscar de Toro continúa desenvolvendo o programa especial con motivo do 50 aniversario do Venecia, unha das cafeterías máis emblemáticas de Santiago de Compostela. Así, este venres celébrase unha Master Class de coctelería a cargo de José Soto, barman executivo do Casino da Toxa. A clase, que comeza ás 20.00 horas, rematará cunha degustación dos combinados elaborados.

Xa o sábado celebrarase un atractivo taller de Gastrosexoloxía aplicada ao café. Estará impartido pola gastrosexóloga Mónica Novas, que contará coa colaboración do propio Óscar de Toro. O taller desenvolverase no Hostal dos Reis Católicos en horario de tarde. (Foto: Venecia)