O Parlamento de Galicia aprobou unha Proposición non de Lei do PPdeG encamiñada a fomentar a dinamización económica do sector turístico axilizando os procedementos administrativos necesarios para a obtención de licenzas destes establecementos. A iniciativa popular insta á Xunta a promover a creación dunha comisión de traballo participada polo centro directivo en materia de turismo da propia Administración autonómica e a Fegamp para coordinar estes procedementos administrativos dos establecementos turísticos.
Para a voceira de Turismo do PPdeG, Natalia Barros, trátase dunha iniciativa “necesaria para que estes procedementos non se alonguen excesivamente no tempo provocando situacións de deterioro económico para os empresarios inversores e mesmo desánimo nos emprendedores”. “É necesario simplificar a lexislación en materia de turismo, reducindo as cargas administrativas con criterios de axilidade para facilitar ás empresas do sector o desempeño das actividades económicas xeradoras de emprego e riqueza” indicou a deputada popular.
Segundo Natalia Barros, “os tempos de espera entre o momento de iniciar a apertura dun establecemento de hostelería ata conquerir a licenza case supera os doce meses o que constitúe unha auténtica proba de obstáculos para os emprendedores polo que entendemos que hai que facilitar eses procedementos, compatibilizando a vontade empresarial co estrito cumprimento da legalidade e mesmo cos dereitos dos veciños ó descanso e á seguridade”.