Un total de 33 empresas galegas se promocionan na Seafood de Bruxelas

A Consellería do Medio Rural e do Mar promociona os produtos galegos na European Seafood Exhibition de Bruxelas, que comeza este martes e se prolongará até o día 26. A propia conselleira acudirá á cita, na que estarán presentes un total de 33 empresas.

O obxectivo do departamento dirixido por Rosa Quintana (foto) é promocionar os produtos frescos e transformados do sector galego en Bruxelas e tamén potenciar a imaxe nacional e internacional do noso sector marítimo.