A empresa ourensá Novalicor Auria saca ao
mercado unha xenebra destilada con botánicos de propiedades estimulantes,
concretamente, o gingseng e o guaraná. A compañía con sé en Allariz xa innovara
anteriormente no mercado dos destilados ao lanzar a marca Entropía, a primeira
gama de licores elaborados con estas herbas.
A nova Entropía Gin, que tamén está
elaborada con ingredientes 100% naturais, xa se pode atopar no mercado. De
feito, acadou a categoría de “excelente” ao conseguir 90 puntos na edición 2012
da Guía Peñín, como lembran os seus impulsores.
O resultado do traballo desta firma ourensá
é unha bebida aromática “fresca, con toques cítricos, ideal para combinados
como o popular gin tonic”, sinalan.