V Encontro do Sector Agroalimentario Galego, organizado por Vegalsa


O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, interviu no V Encontro do Sector Agroalimentario Galego, organizado por Vegalsa-Eroski. Guerra salientou a importancia de fomentar estratexias competitivas baseadas na diferenciación pola calidade e a innovación no sector agroalimentario galego, para impulsar a presenza de produtos da Comunidade fóra das nosas fronteiras.

No encontro, o conselleiro destacou o compromiso de Vegalsa coa xeración de riqueza e emprego en Galicia, e lembrou que a empresa aumentou, no pasado exercicio, os empregos que xera na Comunidade chegando aos 4.462 postos de traballo e realizou compras por máis de 393 millóns a pemes agroalimentarias galegas, un 19% más que no ano anterior.