A D.O. Ribeiro recibiu un total de seis galardóns, unha medalla de ouro, dúas de prata e tres de bronce no concurso Challenge International du Vin clebrado en Burdeos. Coto de Gomariz Colleita Seleccionada 2009 de María Álvarez Serrano, obtivo a Medalla de Ouro; Alberte 2010, de Bodegas Nairoa; Casal de Armán 2010 de Javier González Vázquez, acadaron a Medalla de Prata; Ailalá 2010, de María Álvarez Serrano; Viña Farnadas Treixadura 2010, de Pazo de Vieite e Virmadeus Treixadura 2010, de Casal de Virmadeus, recibiron Medalla de Bronce.
O Challenge du Vin foi o primeiro concurso internacional de Francia, polo que conta cunha experiencia de 36 anos. Actualmente está recoñecido pola comunidade europea e obtivo a certificación ISO 9001 no ano 2009. Cada ano, no marco dunha organización de gran profesionalidade, preto de 800 expertos catadores xulgan “a cegas” (é dicir, sen ver a marca do viño) máis de 4.700 viños procedentes de arredor de 40 países.