Xornadas formativas para guías turísticos sobre o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organiza -o 7 e 8 de maio- as I Xornadas de Formativas para Guías e Informadores Turísticos sobre o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, que serán de carácter gratuíto. A través destas xornadas, que están homologadas pola Secretaría Xeral de Turismo,  preténdese dar a coñecer aos informadores e guías turísticos os principais valores e contidos que se transmiten nesta instalación, como fórmula para que os referidos profesionais poidan ofrecer aos potenciais turistas unha información rigorosa e de calidade.

Os interesados en participar nesta xornada formativa deberán remitir unha solicitude de participación ao enderezo electrónico info@paar.es antes do 2 de maio. O Parque Arqueolóxico porase en contacto cos admitidos aos efectos de confirmar a súa participación. En total ofértanse 50 prazas e se o número de solicitudes superaran o número ofertado, primarase a orde de chegada das solicitudes e a participación daqueles solicitantes que teñen unha titulación relacionada co contido da visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre.