O Consello Regulador da D.O. Ribeiro celebra
este sábado a xornada ‘Son e Viño’ con motivo da clausura da exposición “Lagares
Rupestres. Pegadas na historia vitivinícola en Galícia”. O acto terá lugar no Museo
Etnolóxico de Ribadavia a partir das 20.00 horas, coa presenza do cuarteto de
música clásica Thiasos, integrado por membros da Orquestra Sinfónica de
Galicia.
Por outra banda, o Consello Regulador vén
de cualificar de éxito a recente visita que varios restaurantes con estrela
Michelin de Galicia realizaron á rexión do Ribeiro (foto). Nomes destacados da
gastronomía e da sumillería en Galicia participaron nun tour enoturístico co
que puideron coñecer de primeira man os viños que se elaboran nesta
Denominación de Orixe, pero tamén o seu comportamento en convivencia cos
produtos e receitas tradicionais da comarca.