|
Álvaro Villasante Armas é natural de Palas de Rei (Lugo) |
O chef Álvaro Villasante Armas, propietario
do restaurante lucense Paprica, é a nova incorporación do Grupo Nove, integrado
ata agora por vintedous restauradores galegos. Natural de Palas de Rei,
Villasante ten una ampla traxectoria profesional, desenvolvida a cabalo entre
Lugo e Lleida, Tenerife, Miami e Barcelona, onde tivo a oportunidade de
traballar con grandes da cociña como Sergi Arola, Ramón Freixa ou Ángel
Palacios.
O restaurante Paprica está especializado en
cociña creativa marcada polas estacións e pola temporalidade, na que teñen
moita presenza os produtos ecolóxicos. Dende a súa apertura, leva acadados
varios recoñecementos, sendo o primeiro restaurante de Lugo con Q de Calidade
Turística.