A cifra de viaxeiros aloxados en
establecementos extrahoteleiros de Galicia durante os catro primeiros meses de
2012 medrou un 9,1% a respecto do mesmo periodo de 2011, e as pernoitas tamén
experimentaron unha suba, neste caso do 8,3%. Así o recolle a Xunta, segundo
datos publicados polo INE.
Así, no primeiro cuadrimestre do ano
Galicia rexistrou un total de 783.177 viaxeiros aloxados no conxunto da oferta
regrada, un 0,1% máis que en relación ao observado no mesmo periodo de 2011. O
turismo rural experimentou un ascenso do 4,3% e os apartamentos turísticos, do
29,3%.
No que respecta a todo o territorio español,
as pernoitas en aloxamentos turísticos extrahoteleiros (apartamentos, campings e
turismo rural) superaron os 6,3 millóns en abril, o que supón unha caída do 7,7%
con respecto ao ano pasado. Esta diminución no cuarto mes do ano prodúcese tanto
entre os residentes, cunha taxa interanual do -1,8%, como entre os non residentes,
que caen a un ritmo maior, case un 12%. Non obstante, a estancia media
conseguiu aumentar un 0,7% en abril con respecto ao mesmo mes de 2011,
situándose en 4,8 pernoitas por viaxeiro.