A Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU)
contará coa colaboración de, Pepe Solla, na promoción do consumo de peixe
espada, convidando á Asociación de
Mulleres Rurais de A Guarda a una clase de cociña na que experimentarán novas
receitas e preparacións do peixe espada.
Durante esta clase de cociña que se desenvolverá o
vindeiro xoves día 31 de maio ás 12:30horas, na adega Terras Gauda, no Rosal, o
fin é que estas mulleres aprendan a
sacarlle o máximo partido a este xugoso peixe, e que elas compartán con todos
os trucos gardados dende hai anos ante os fogóns, aportando as receitas de
peixe espada máis tradicionais da súa vila mariñeira.