O Centro Superior de Hostelería de Galicia
fixo entrega esta mañá de 1.800 euros á Fundación Amigos de Galicia, presidida
por Luis Rial e dirixida por Xesús Busto, que foi a institución escollida este
ano para esta doazón. A directora do Centro, Patricia Cuevas, foi a encargada
de facer entrega desta cantidade aos representantes desta institución, cuxa
labor se reparte entre a axuda aos colectivos máis necesitados da comunidade e
a promoción cultural e turística.
Patricia Cuevas entregou o cheque aos representantes da Fundación |
A recadación procede dunha iniciativa que
se deu en chamar o ‘Tupper Solidario’, que puxo en marcha o CSHG co fin de
axudar a programas de solidariedade que se desenvolven en Galicia. Consiste no
aproveitamento da comida que non se
consume cada día no Restaurante Buffet do Centro, no que os alumnos fan
prácticas. A Fundación Amigos de Galicia destinará este diñeiro en mercar 1.005
litros de aceite de oliva e 500 kg de lentellas nos supermercados Eroski, pois
é a empresa que fai o maior desconto.
Así mesmo, a directiva da Fundación invitou
á directora do CSHG, Patricia Cuevas, a que realice unha visita ás instalacións
da entidade en Vilagarcía de Arousa para comprobar o labor que fai esta
entidade en dúas naves que ten na vila arousá, unha delas para almacén de
alimentos e outra como lavandería industrial.