O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores mantivo unha reunión cunha representación dos furancheiros do municipio de Pontevedra, que lle expuxeron a súa inquedanza pola intención da Xunta de Galicia de regular o sector. O alcalde defendeu a postura dos furancheiros e explicoulles a necesidade de esixir á Xunta que regule o sector atendendo ás súas propias particularidades.
O alcalde explicoulles a petición que o Concello de Pontevedra trasladou á Xuntade sopesar incluír o municipio de Pontevedra dentro do mapa de furanchos autorizados na comunidade autónoma. Ate o de agora Pontevedra non figura en ningún dos dous borradores elaborados pola Xunta sobre esta actividade.
Tamén explicou a suxestión do Concello de Pontevedra á Xunta, de que os furanchos sexan considerados como tal: unha actividade tradicional do país, que non pode estar sometida a unha normativa restrictiva similar a calquera outro negocio de restauración, porque senón pasarían a ser un bar (por exemplo) e deixarían de ser un furancho. Cabe lembrar que o nacemento dos furanchos está vinculado aos excedentes das colleitas do viño do país de tempada. Se a Xunta de Galicia ten intención de regular o sector, o aconsellable é que regule a actividade en función da súa propia idiosincrasia, tendo en conta a súa historia, a súa temporalidade…