O Xacobeo e os Camiños viaxan a Perugia


O Oratorio de Santa Cecilia, un oratorio barroco de gran valor artístico, na cidade italiana de Perugia, acolleu esta fin de semana o ‘Encontro Compostelano en Italia’, que se celebra nesta cidade da rexión de Umbria dende hai 24 anos e que supón xa unha cita ineludible para os estudosos e investigadores do Camiño de Santiago. A Confraternita di San Jacopo di Compostella é a parte da organización que se encarga do asociacionismo do Camiño en Italia. Áparte, ocúpase tamén de prover de credenciais a todos os peregrinos italianos que cada ano camiñan ata Compostela, non en van, Italia é o segundo país en número de peregrinos estranxeiros a Santiago.

Ao acto inaugural do encontro acudiu o conselleiro delegado da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Andrés González Murga, e mais a técnico da sociedade encargada do departamento de Asociacionismo e Investigación Xacobea, Rosa Vázquez. González Murga agradeceu na súa intervención o traballo levado a cabo nas últimas décadas  pola Confraternita e o Centro di Studi Compostellani e resaltou a gran labor científica e investigadora do mesmo, o magnífico traballo no eido da investigación xacobea que segue a desenvolver e tamén manifestou o apoio da Xunta de Galicia á investigación xacobea e o interese do Xacobeo en seguir traballando e colaborando co asociacionismo xacobeo e coa investigación sobre o culto ao Apóstolo.  Dende Galicia enviouse ao encontro material informativo das rutas xacobeas e tamén de Galicia como destino turístico.