Santa Trega afronta a súa revitalización


A Deputación de Pontevedra presentou o Plan Director do Monte Santa Trega (A Guarda), que establece as liñas básicas de actuación para a recuperación, conservación e revitalización deste espazo, por medio de 30 propostas de actuación que requirirán dun investimento global de 19 millóns de euros. O director do Plan é o arquitecto Mario Crecente.

A primeira das actuacións deste plan consistirá na mellora da estrada de acceso e na dotación dos servizos de abastecemento de auga e saneamento. Así mesmo, incluirá a canalización da rede de subministro eléctrico e a eliminación dos postes e torretas que afean a paisaxe e que son un dos principais motivos de queixa dos visitantes. A maiores, o plan propón actuacións en materia paisaxística, patrimonial, de divulgación e de creación de mellora de servizos. Xa no propio castro, proponse crear unha Sala da Paisaxe no Restaurante Panorámico Jurado.

Santa Trega é o 2º lugar máis visitado de Galicia, só detrás de Santiago de Compostela, e segue a ter máis visitas ao ano que as covas de Altamira, Covadonga ou o Museo de Arte Romano de Mérida, segundo sinalou Mario Crecente.