Abastos 2.0 con licenza para catar


Un dos establecementos de restauración punteiros da capital de Galicia, o Abastos 2.0, convídanos a gozar este serán dunha experiencia especial. Baixo o título “Abastos con licenza para catar” englóbase unha xornada de tertulia e maridaxe “subxetivo” de xantares, viños e música.

Os viños serán o Eloi Lorenzo (D.O. Ribeiro), o Pago de Xoan (Rías Baixas) e o Toalde (Ribeira Sacra). A cociña correrá a cargo do propio establecemento e a música chegará da man de Cardigan Bridge. Todo elo no galpón do Abastos, a partir das 21.00 horas e cun prezo por persoa de 10 euros.